Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra

Orzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

228 POL 2002 O Páramo. Saneamento integral da parroquia de Vilarmosteiro180.3008 mesesGrupo E), subgrupo 1), categoría c)

244 POL 2002 Cervo. Acceso parque empresarial, p.k. 0,0-0,70120.0007 mesesNon se esixe

247 POL 2002 Foz. Ver-Vilaxuane terminación p.k. 0,00-3,4090.1526 mesesNon se esixe

250 POL 2002 Paradela. Acceso San Facundo de Ribas de Miño, alargamento e mellora, afirmado. Terminación p.k. 0,00-2,20179.985,356 mesesGrupo G), subgrupo 6), categoría c)

117 POS 2002 Begonte. Cinto comarcal, treito CN-VI-C-641, reforzo de firme p.k. 3,50-5,42105.0003 mesesNon se esixe

126 POS 2002 Samos. Samos-Courel alargamento e mellora. Terminación p.k. 3,00-5,78264.3476 mesesGrupo G), subgrupo 6), categoría d)

127 POS 2002 Trabada. Trabada-San Tirso de Abres, alargamento e mellora p.k. 3,40-4,80122.0356 mesesGrupo G), subgrupo 6), categoría c)

Características.

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral, das 10 ás 14 horas.

1º Entidade: Deputación.

2º Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3º Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista, e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 19 de xullo de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo