Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.916

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO da contratación do servicio de maternoloxía.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza abre o proceso de recepción de ofertas para a contratación do seguinte servicio:

Contratación do servicio de maternoloxía da fundación (ref. CSE 002/02).

Orzamento anual estimado: 144.141 euros.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do día 21 de agosto de 2002 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais pódese recoller na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, lugar de Salmón-Oleiros s/n, 15993 Ribeira (A Coruña) de 9 a 14 horas, e consultar na páxina www.sergas.es.

Poderán presentarse ofertas ata as 14 horas do día 12 de agosto de 2002.

Ribeira, 24 de xullo de 2002.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital

da Barbanza