Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 12 do PXOU San Amaro, promovido por Bernardo López Abadín, representado por Talcovi Promociones, Sociedad Limitada.

A Comisión de Goberno, en sesión de 24 de xuño de 2002, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 12 do Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana San Amaro e enlace coa rúa da Estrada, visado pola delegación en Pontevedra do COAG en data 29-5-2001 e planos números 8, 16 e o de detalles eliminación de barreiras arquitectónicas e memoria de seguridade e saúde, con data de visado colexial de 14-12-2001, anulando e substituíndo os seus correlativos anteriores, documentación toda ela redactada pola arquitecta Teresa Táboas Veleiro, promovido, mediante iniciativa particular, por Bernardo López Abadín, representado pola entidade mercantil Talcovi Promociones, S.L.

O que se fai público para a súa executividade, suliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou e no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 23 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso postestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo trancurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que

se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 8 de xullo de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente