Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 28 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución e de nomeamento de novo instructor no expediente sancionador S-8/02 incoado contra Enrique del Amo Lobo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícase nun mesmo acto a Enrique del Amo Lobo o acordo de nomeamento de novo instructor e a proposta de resolución do expediente sancionador S-8/02, iniciado en acordo do delegado provincial de Sanidade de Lugo do 22 de febreiro de 2002, despois de terse intentado a notificación do expediente por dúas veces no último domicilio coñecido sen resultado positivo.

Publicado o inicio deste expediente no taboleiro de anuncios do Concello de León e no DOG nº 110 do luns 10 de xuño de 2002 e non tendo presentado alegacións o interesado no tempo establecido para iso, non se desvirtúa o contido das imputacións expostas no documento de iniciación deste expediente.

Contra a dita proposta de resolución poderá formular alegacións e achega-las probas que estime pertinente en defensa dos seus dereitos, no prazo de quince días (15 días), contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Con motivo da baixa laboral por enfermidade da instructora do expediente, e co fin de non demora-la resolución do expediente por causas imputables á Administración, o delegado provincial de Sanidade de Lugo, en virtude das facultades que legalmente ten conferidas, acordou nomear como instructor do mentado expediente a Ángel Luis Martínez Celorrio, funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Lugo, nomeamento que se notifica á persoa suxeita a expediente, para os efectos da recusación prevista no artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó instructor para os efectos da abstención prevista no artigo 28 da dita lei.

Tendo en conta os preceptos legais nomeados e demais concordantes de xeral aplicación, así como os principios de celeridade e economía administrativa, notifícase neste mesmo acto a proposta de resolución e o nomeamento de novo instructor deste expediente sancionador, sen prexuízo do dereito de recusación que o interesado poderá exercer en calquera momento do procedemento. O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mentado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade de Lugo, co enderezo na rúa Montevideo nº 9 27001-Lugo.

Os datos persoais, feitos imputados, preceptos infrinxidos, cualificación da infracción, contía proposta, órgano responsable da resolución e prazo para formular alegacións figuran no anexo.

Lugo, 28 de xuño de 2002.

P.A.

Ángel Luis Martínez Celorrio

Instructor

ANEXO

Expediente: S-8/02.

1. Denunciado: Enrique del Amo Lobo, DNI: 11731191.

2. Último domicilio coñecido: P/ San Albito nº 2-2 B-H León.

3. Feitos imputados: como consecuencia do labor inspector e de control das condicións sanitarias do transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulamentada que teñen atribuído os funcionarios da Dirección Xeral da Garda Civil, 1º Compañía de Lugo, Patrulla Seprona de Baralla, procedeuse á inspección do vehículo conducido por Enrique del Amo Lobo, levantando o oficio-denuncia nº rxtro. 1135 do 17 de decembro de 2001, no que se constata a existencia das seguintes irregularidades:

-Circular transportando 604 kg de carnes frescas (lombos de vaca), enriba de dous palets tocando algún deles o chan do vehículo.

Resultado da citada inspección, a Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Lugo iniciou expediente administrativo sancionador nº S-8/02 mediante Resolución do 22 de febreiro de 2002, (publicado no DOG nº 110 do luns 10 de xuño de 2002) por infraccións das normas sanitarias e de hixiene aplicables ó transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada.

4. Preceptos infrinxidos: artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; punto 5 do capítulo IV do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios; artigo 74 do capítulo XV do anexo I do Real decreto 147/1993, do 29 de xaneiro, polo que se establecen as condicións sanitarias de producción e comercialización de carnes frescas; artigo 8.3º do Real decreto 2843/1986, do 14 de novembro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulamentada.

5. Cualificación da infracción: de acordo co artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, debe cualificarse como leve e pode ser sancionado, de acordo co artigo 36.1º a) da citada lei, con multa de ata tres mil cinco euros con seis céntimos (3.005,06 A).

6. Sanción proposta: 150,25 A.

7. Órgano responsable da resolución: delegado provincial de Sanidade de Lugo.

8. Prazo para formular alegacións: quince días (15 días), contados desde o día seguinte ó desta publicación.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS