Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Productores de Plantas Ornamentais de Galicia (Asproga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 21 de xuño de 2002, certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, María Jesús Méijome Madriñán, avalada co visto e prace do presidente, Lode Van Doorselaer, na que se reflicte os acordos acadados na asemblea xeral extraordinaria, na reunión celebrada o día 14 de maio de 2002, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais