Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 159/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 22 de abril, xeral de sanidade, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas, segundo o artigo 13.2º do dito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 159/2002.

Denunciado/a: Pazo Díaz, S.L. Escuela Técnica de Arquitectura.

DNI/CIF: B15525371.

Último enderezo coñecido: Campus da Zapateira. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: seiscentos un euros con dous céntimos.

A Coruña, 28 de maio de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña