Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/31-2, 5813 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: desvío instalacións eléctricas en Oural.

Situación: Sarria.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,126 km de lonxitude conductor tipo LA-110 con orixe en P-1 proxectado da L.M.T. Ourol-Monforte e final en P-2 existente da L.M.T. Ourol-Monforte. L.M.T. aérea a 20 kV de 0,058 km de lonxitude conductor tipo 2 LA-110 con orixe en P-1 proxectado da L.M.T. Ourol-Chantada e final en P-2 existente da L.M.T. Ourol-Chantada. L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,26 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe en apoio proxectado L.M.T. Ourol-Chantada-Monforte e final en apoio existente L.M.T. Ourol-Sarria.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo