Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/68-2, 5819 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Pastoriza.

Domicilio social: praza de Galicia, 1, 27287 Pastoriza.

Denominación: L.M.T. e C.T. do centro xeriátrico de Bretoña.

Situación: Pastoriza.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 105 m de lonxitude conductor tipo LA-56 L.M.T. subterránea a 20 kV con 15 m de lonxitude conductor tipo R.H.V. C.T. de 500 kVA de potencia e relación de transformción.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 31 de maio de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo