Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/244-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. e C.T. Campus Universitario-Aparcamento Sur.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 3.375 m de lonxitude, desde a L.M.T. Beade ata a L.M.T. Escola Enxeñeiros Industriais. C.T. de 25 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, no Aparcamento Sur da Escola de Enxeñeiros, no Campus Universitario, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra