Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.896

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002 pola que se nomea persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable na categoría de analistas-programadores.

De conformidade co disposto na base 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Cixtec de analistas-programadores, convocada por Resolución do 29 de novembro de 2001, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria, resolvo:

Noméanse persoal laboral fixo do Cixtec, na categoría de analistas-programadores, grupo II, os aspi

rantes aprobados que se relacionan no anexo I.

As persoas ás que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto, e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

Persoal laboral fixo do Cixtec, categoría analistas-programadores:

Nome e apelidosDNIGrupoCategoríaDenominaciónLocalidade

Fernández González, Manuel32797597-BII27Analista programadorSantiago de Compostela

Ferreiro Castro, Pilar33268598-HII27Analista programadorSantiago de Compostela

Arca Barca, Fernando33274657-MII27Analista programadorSantiago de Compostela

Martín Tirado, Miguel Ángel51915920-KII27Analista programadorSantiago de Compostela

Ferreiros Martínez, Sonia09410365-FII27Analista programadorSantiago de Compostela

Baña Grueiro, José Gabriel34097248-RII27Analista programadorSantiago de Compostela

Pedrido Castiñeiras, Manuel33280141-SII27Analista programadorSantiago de Compostela