Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/96-2, 5879 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: reforma C.T.A. Pereira.

Situación: Castroverde.

Características técnicas: variante da L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,124 km con orixe na L.M.T. a actual C.T. conductor tipo LA-56 e final no novo C.T. Pereira. C.T.I. con potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Enlace de L.B.T. aérea Pereira con lonxitude de 0,08 km con orixe no novo C.T. Pereira e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo