Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xullo de 2002 pola que se derroga a do 10 de abril de 2002, pola que se adscribe con carácter definitivo ó Instituto de Educación Secundaria das Fontiñas-Santiago de Compostela (A Coruña) o profesorado que se relaciona no anexo desta orde.

Por Orde do 10 de abril de 2002 adscribiuse ó Instituto de Educación Secundaria das Fontiñas-Santiago de Compostela, o profesorado do IES San Clemente, das especialidades de administración de empresas e procesos comerciais.

Vistas as alegacións formuladas polos interesados e polo equipo directivo do IES das Fontiñas e tendo en conta que non existiu traslado das ensinanzas de formación profesional da familia de administración do IES San Clemente ó IES das Fontiñas,

Esta consellería

DISPÓN:

Derroga-la Orde do 10 de abril de 2002 pola que se adscribe con carácter definitivo ó Instituto de Educación Secundaria das Fontiñas-Santiago de Compostela (A Coruña) o profesorado das especialidades de administración de empresas e procesos comerciais.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria