Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 23 de xullo de 2002 pola que se dictan normas para a concesión de subvencións a proxectos de accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti VIH/SIDA.

A infección polo VIH (virus de inmunodeficiencia humana) e a Sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida) continúa sendo un dos principais problemas de saúde pública que padece a nosa sociedade, polo que cómpre o incremento e mellora das actividades encamiñadas a enfrontalos.

Dentro do marco das actividades anti VIH/Sida en Galicia débeselle dar prioridade a atende-la demanda e o financiamento de proxectos ou acti

vidades de investigación/acción co dobre obxectivo de que, ó mesmo tempo que se contribúe directamente á acción global anti-VIH tamén, mediante a avaliación e valoración desas experiencias, se poidan estender aquelas que acheguen resultados positivos e útiles no proceso de lograr unha maior esixencia das nosas accións, aconsellado polas estratexias e directrices marcadas no contorno da infección por VIH/Sida.

Por todo o antedito, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e destinatarios.

O obxecto desta orde é a convocatoria de axudas económicas para proxectos ou accións de investigación/acción, actividades de interese comunitario no campo da vixilancia epidemiolóxica, información, prevención e atención sociosanitaria do VIH/Sida.

Estas axudas irán dirixidas a aquelas persoas/asociacións, corporacións locais e universidades que desenvolvan as anteditas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Actividades subvencionables.

As actividades que se van desenvolver que poden ser obxecto das subvencións reguladas nesta orde estarán encadradas dentro das actividades anti VIH/Sida no campo da saúde pública.

Así terán consideración preferente aquelas actividades que aborden os seguintes contidos:

a) Realización de accións preventivas sobre colectivos de especial interese para evita-la transmisión do VIH/Sida e avaliación dos seus resultados. Entre os colectivos de especial interese, priorízanse os de prostitución, homosexualidade, inmigrantes, usuarios de drogas por vía parenteral (UDVP), mozos non escolarizados, mulleres, internos en institucións penitenciarias e colectivos marxinados.

b) Estudios do nivel de información, actitudes e comportamentos da poboación galega ou colectivos desta en relación con esa infección.

c) Recollida, realización e difusión continuada de información relacionada co VIH.

d) Investigación social para evita-la discriminación.

e) Atención e soporte psíquico do afectado e o seu contorno.

f) Actividades de grupos de autoapoio de portadores de VIH/Sida.

g) Actividades de formación do persoal que realice a súa actividade no campo do VIH/Sida.

h) Todas aquelas actividades que se encadren nas pautas establecidas pola Consellería de Sanidade en relación co VIH/Sida.

Artigo 3º.-Destino das axudas.

As axudas concedidas irán destinadas a cubri-la totalidade ou parte dos gastos de financiamento do proxecto ou acción realizada neste ano, de acordo cos seguintes conceptos:

a) Materiais e recursos necesarios para levalos a cabo.

b) Desprazamentos e actividades de organización relacionadas co seu desenvolvemento.

c) Actividades formativas dos propios membros do grupo de intervención.

d) Deseño e dirección.

Estas axudas serán compatibles con calquera outra subvención percibida para a mesma finalidade sen que, en ningún caso, o importe da subvención concedida poida ser de tal contía que illada ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario.

Artigo 4º.-Importe das axudas.

O importe total das axudas reguladas por esta orde ascende a douscentos cincuenta e dous mil catrocentos vintetrés euros (252.423 A), que se farán efectivas con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias: 1102.313.A.480.0 por un importe de 220.871 A, 1102.313.A.460.0 por un importe de 25.242 A e 1102.313.A.440.0 por un importe de 6.310 A, nas que existe crédito orzamentario suficiente.

Artigo 5º.-Requisitos da solicitude.

As solicitudes formularanse de acordo co modelo que figura no anexo I desta convocatoria e irán acompañadas dunha memoria explicativa do proxecto ou acción que se está a realizar ou que se pretende realizar, memoria que se elaborará seguindo o modelo que figura no anexo II cunha extensión máxima de 15 páxinas.

Os peticionarios das axudas presentarán, coa solicitude inicial do proxecto ou acción, unha declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas das distintas administracións públicas competentes, ou no seu defecto unha declaración de non ter solicitado ningunha outra subvención para o citado proxecto ou acción.

Artigo 6º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

As solicitudes, dirixidas á Dirección Xeral de Saúde Pública, e maila documentación complementaria deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade ou nos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7º.-Criterios de selección.

Para a selección das solicitudes formuladas valoraranse as seguintes características:

a) Adecuación dos contidos recollidos no artigo 2º.

b) Actividades preventivas que recollan os enfoques relacionados a continuación:

1. Prostitución.

1.1. Educación para a saúde dos e das profesionais do sexo.

* Accións preventivas.

* Proxectos realizados con participación dos/das interesados/as.

* Fomento do uso do preservativo.

1.2. Protección dos/das clientes da prostitución.

* Información e educación sanitaria.

2. Prevención da transmisión do VIH entre homes con prácticas homosexuais ou bisexuais.

* Programas de información e educación para a saúde coa participación e colaboración de asociacións/organizacións de homosexuais.

* Medidas para aumenta-la accesibilidade ós preservativos.

* Programas específicos para mozos homo/bisexuais.

* Programas tipo outreach que faciliten o acceso a información acerca das medidas de prevención e dos medios necesarios para levalas a cabo.

3. Reducción de riscos en usuarios de drogas por vía parenteral.

3.1. Programa de intercambio de xiringas.

* Posta en marcha de novos puntos ou ampliación do número ou da oferta de servicios dos existentes, de acordo cos criterios establecidos no funcionamento deste subprograma.

* Programa piloto que inclúa máquinas intercambiadoras de xiringas.

3.2. Prevención da transmisión sexual do VIH desde os centros de atención a drogodependentes, tanto libres de drogas como de reducción de danos.

* Formación de profesionais, obradoiros de sexo seguro e distribución de preservativos.

3.3. Programas de rúa ou de achegamento con participación de usuarios ou ex-usuarios.

4. Mocidade.

4.1. Promoción de hábitos sexuais saudables.

* Educación para a prevención do VIH no contexto de programas de educación afectivo-sexual.

* Campañas de información/sensibilización dirixidas especificamente á mocidade.

4.2. Programas dirixidos a mozos e mozas non escolarizados (adolescentes en situación de risco e fóra do ambiente familiar).

* Programas de prevención do VIH en centros tutelares de menores.

* Obradoiros e actividades en centros de encontro de mozos e mozas.

* Obradoiros extraescolares.

5. Mulleres.

* Promoción de intervencións específicas para mulleres (obradoiros de sexo seguro, de diminución de danos,...) que teñan en conta a influencia das relacións de xénero.

* Accións encamiñadas á promoción dunha atención integral á muller, que inclúa a promoción da detección precoz do VIH e das enfermidades de transmisión sexual (herpes, clamidia, HPV) e cancro de cérvix.

c) Proxectos coordinados entre distintos servicios e/ou institucións dunha mesma zona que teñan incidencia positiva no esforzo global anti VIH/Sida entre a súa poboación.

d) Acción que continúa as actividades subvencionadas en anos anteriores.

e) Previsión dunha acción continuada en anos posteriores.

f) Solidez e coherencia na concepción dos proxectos ou accións, expresadas polo rigor e concreción dos obxectivos, poboación diana, consistencia metodolóxica, tipo e temporalización das actividades, recursos que se mobilizarán e sistema de avaliación deseñados.

g) Axuste entre o custo e o orzamento presentados.

h) A distribución de subvencións poderá ser total ou parcial. No caso de ser parcial garantirase a realización do proxecto axustando ó seu deseño á subvención concedida.

Artigo 8º.-Comisión de Valoración.

Para a selección e aprobación definitiva das axudas constituirase unha comisión integrada por:

-O director xeral de Saúde Pública ou persona en quen delegue, que actuará como presidente.

-O subdirector xeral de Programas de Saúde Pública ou persoa en quen delegue.

-O xefe do Servicio de Prevención e Control das Enfermidades Transmisibles.

-Un/unha técnico do devandito servicio, que actuará como secretario/a.

Artigo 9.-Resolución.

Examinadas pola Comisión de Valoración as solicitudes presentadas, procederase á súa resolución

mediante orde da Consellería de Sanidade, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, facéndose consta-la contía das axudas concedidas.

Se as solicitudes non se resolvesen no prazo de tres meses desde que tivesen entrada no rexistro do órgano administrativo competente para resolver, entenderanse desestimadas.

Os beneficiarios estarán obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requerida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 10º.-Xustificación e pagamento.

O pagamento das subvencións ós proxectos ou accións seleccionados, poderá realizarse mediante pagamentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida que o beneficiario xustifique os gastos realizados, ata unha porcentaxe máxima do 80% da subvención concedida e librándose o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións coas que lle foi concedida.

Unha vez realizado o proxecto ou acción, deberán remitirse á Dirección Xeral de Saúde Pública, antes do 8 de decembro de 2002 (derradeira data para a presentación da documentación):

-Os xustificantes de gasto.

-Unha declaración complementaria de conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proyecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

En todo caso, segundo o disposto no artigo 78 do do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e de acordo co establecido no artigo 18 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, o beneficiario acreditará, antes de proceder ó seu cobramento, que está ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Non estarán suxeitos a esta obriga os beneficiarios das subvencións sinalados no artigo 41 da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2002.

Así mesmo, e antes do 16 de decembro do ano 2002 deberá presentarse, ante a Dirección Xeral de Saúde Pública, a memoria xustificativa do proxecto ou acción, que conterá as distintas fases de realización así como os resultados e conclusións.

Artigo 11º.-Obrigas dos beneficiarios.

Tendo en conta o artigo 78.4º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, son obrigas do beneficiario:

a) Realiza-la actividade ou adopta-lo comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Acreditar ante a entidade concedente ou, se é o caso, ante a entidade colaboradora a realización da actividade ou a adopción do comportamento, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que determinan a concesión ou goce desta axuda.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectua-la entidade concedente ou, se é o caso, a colaboradora e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

d) Comunicarlle á entidade concedente ou, se é caso, á entidade colaboradora a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou ente público.

Artigo 12º.-Revogación e reintegro das axudas.

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde, así como a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social, Administración institucional, autonómica ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 78.9º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 13º.-Recursos.

Contra a orde de resolución das axudas, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da referida publicación.

De presentarse recurso potestativo de reposición, non poderá acudirse á vía contencioso-administrativa ata que este sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Artigo 14º.-Infraccións e sancións.

No relativo a esta materia rexerá o disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Dirección Xeral de Saúde Pública adoptará as medidas oportunas para o seguimento, avaliación e difusión dos proxectos ou accións seleccionadas.

Segunda.-Autorízase a Dirección Xeral de Saúde Pública para dicta-las instruccións necesarias que permitan a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Axudas a proxectos de investigación/acción, formación e reciclaxe sobre VIH/Sida.

Don/Dona..., en representación..., con DNI..., NIF... e enderezo...

Solicita:

Que de acordo co establecido na Orde do... de... de 2002, lle sexa concedida unha axuda económica para a realización do proxecto ou acción que se especifica na memoria que se xunta.

..., ... de... de 2002.

O/a responsable do proxecto ou acción.

Director xeral de Saúde Pública.

ANEXO II

Aspectos que deben considerarse na memoria ó proxecto ou acción para o cal se solicita a subvención:

1. Datos de indentificación:

* Título do proxecto ou acción.

* Nome da entidade ou colectivo que o solicita xunto co CIF.

* Coordinador/a ou representante.

* Teléfono de contacto.

* Lugar de realización.

* Datos bancarios xuntando certificación.

* Datos persoais, profesionais e funcións dos compoñentes do grupo (se é o caso).

* Outros profesionais, entidades ou colectivos cos que se interactúa.

2. Deseño:

* Xustificación do proxecto.

* Obxectivos que se pretenden.

* Actividades que se realizan para cada obxectivo e temporalización delas.

3. Recursos necesarios:

* Materiais.

-Materiais útiles dos que xa se dispón para o proxecto.

-Materiais que cómpre adquirir.

* Orzamento:

-Deseño e dirección.

-Gastos de desprazamento e organización.

-Outros gastos.

* Outras axudas solicitadas ou dispoñibles.

4. Criterios e modelos deseñados para avalia-los resultados.