Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 7 de xuño de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle promovido por Xosé Couñago Amoedo, en representación de Proxectos Inmobiliarios Meu Lar, S.L. segundo proxecto redactado polos arquitectos Alberto Cameselle Lago e José Luis Vázquez Pérez, visado polo COAG con datas do 5 de marzo, 21 de maio, 14 de setembro, 1 de

outubro de 2001 e 10 de xaneiro de 2002, que ten por finalidade reaxustar aliñacións e ordenar volumes previstos no plano R-1 das normas subsidiarias, en terreo lindante coa estrada nacional 550, no predio denominado Leirós. O que se somete a información pública polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; queda o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo para deducir alegacións.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos/as propietarios/as e demais interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Redondela, 19 de xuño de 2002.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde