Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 27 de maio de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle promovido por Fernando Sampil Sánchez en representación de Promociones Bigamobe, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto R. Fernando Sampil Sánchez, visado polo COAG con datas do 7-5-2001 e 1-6-2001, que ten por finalidade establecer aliñacións, rasantes e volumes na parcela sita na rúa Padre Crespo, no contorno inmediato do viaducto.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Redondela, 18 de xuño de 2002.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde