Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 18 de xullo de 2002, acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal confeccionado pola empresa Consultora Galega, S.L., e abrir un trámite de información pública, que se iniciará coa publicación que se produza nos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia, e rematará concluído un mes desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Neste mesma sesión acordouse suspende-la concesión de licencias, de conformidade co artigo 34 da Lei do solo, naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que se concretan nas seguintes áreas; tódalas delimitacións do novo PXOM de solo urbano non consolidado, tódalas delimitacións do novo PXOM de solo urbanizable sectorizado, tódalas delimitacións do novo PXOM de solo apto para urbanizar.

Brión, 19 de xullo de 2002.

Xosé Luis García García

Alcalde