Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de posta en valor do contorno do campo da festa da Gracia de acordo co proxecto elaborado polo departamento de Parques e Xardíns.

Tipo de licitación: 117.908,39 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 2 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, contado desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Telf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo nº 12, local 4. Tlfno. e fax: 981 59 23 93.

Clasificación: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 h, o día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde