Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2002 pola que se corrixen erros materiais na do 12 de xuño, pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria, para a contratación de servicios de actualización da publicación Galicia, Guía de Oportunidades de Buenos Negocios (C.P. 9/2002).

En data 12 de xuño de 2002 a directora xeral do Igape dictou resolución pola que se anunciaba concurso público aberto para a contratación de servicios de actualización da publicación Galicia, Guía de Oportunidades de Buenos Negocios, publicada no DOG nº 136, do 16 de xullo de 2002.

Téndose detectados erros materiais na citada resolución, na contía da garantía provisional, no obxecto do contrato, na solvencia económica e financeira

e solvencia técnica e profesional e na data de apertura das ofertas técnicas e económicas, procede a súa rectificación ó abeiro do artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de procedemento administrativo común.

Polo exposto, e en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape de data 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril),

ACORDO:

Primeiro.-Corrixi-los erros materiais contidos na resolución da Dirección Xeral do Igape do 12 de xuño de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dos servicios de actualización da publicación: Galicia, Guía de Oportunidades de Buenos Negocios (C.P. 9/2002) nos puntos que de seguido se sinalan:

Punto 2: suprimi-los puntos b) e c).

Punto 2: o punto d pasa a denominarse b) e onde di: «prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 2 meses prorrogables por acordo expreso das partes conforme os termos legais», debe dicir: «prazo de execución: 2 meses, prorrogables por acordo expreso das partes conforme os termos legais».

Punto 5. Garantía provisional. Onde di: «840 A», debe dicir: «420 A».

Punto 7.b Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: onde di: «Informe de institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global dos tres últimos exercicios. Contar con suficientes medios materiais e persoais para a execución do contrato e ter realizado como mínimo tres traballos similares ó obxecto desta contratación, acreditado segundo os medios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares», debe dicir: «Contar con suficientes medios materiais e persoais para a execución do contrato e ter realizado como mínimo tres traballos similares ó obxecto desta contratación, acreditado segundo os medios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares».

Punto 9. d. Apertura das ofertas. Data: onde di: «en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica», debe dicir: «en acto público o día 16 de setembro de 2002 procederase á apertura das ofertas técnicas e económicas».

Segundo.-O prazo de quince días naturais para a admisión de ofertas computarase a partir da publicación da presente corrección de erros no DOG.

En Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica