Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2002 pola que se anuncia a apertura dunha convocatoria para a presentación de solicitudes de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Beluso.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Beluso, por período de quince (15) días contados desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-a, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita en r/ Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra.

Ábrese así mesmo un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na citada sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia