Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 26 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 6 de novembro de 2001 de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 343B 2001/319-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado, da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 343B 2001/319-5.

Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesada: Begoña Iglesias Abalde.

Enderezo: Pintor Lugrís, 3, 36211 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 10-5-2001, do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 6 de novembro de 2001.

Parte dispositiva da resolución,

ACORDA:

1. Concederlle a Begoña Iglesias Abalde as axudas e subvencións pola contratación indefinida de 1 traballador nas contías seguintes:

-Axuda pola contratación indefinida inicial de 1 muller desempregada, por un importe total de 400.000 ptas.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base doce do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Comunicación da contratación á Seguridade Social (a clave de tipo de contrato debe se-la correcta): TA.2/R.

-Declaración expresa, na data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-TC1 e 2 dos meses seguintes: agosto/2001, decembro/2000, agosto/2000 e febreiro/2000 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado procederase, segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 10 e 11 da orde de convocatoria).

4. Lembrarlle á beneficiaria o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas no artigo 9 e na base décimo terceira do anexo B da orde reguladora.

Notifíqueselle á interesada esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 6 de novembro de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 26 de xuño de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra