Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso anunciado na Resolución do 8 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 136, do martes 16 de xullo) pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición de historias clínicas e formularios de rexistro de saúde bucodental.

Advertidos erros no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para o devandito concurso,

DISPOÑO:

1. Suprímense do citado anexo os modelos FEHS (Sobre de idade e sexo homes) e FEMS (Sobre de idade e sexo mulleres); non sendo estes, polo tanto, obxecto de licitación.

2. O prazo para a presentación de ofertas para a realización da subministración de referencia (15 días naturais) computarase a partir do día seguinte á publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia.

3. Apertura de proposicións: terá lugar ás 9 horas a.m., do quinto día natural contado desde a data de remate da presentación das ofertas, na sala 2-1 do edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos