Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002 pola que se fai pública a do 14 de maio, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 20 de febreiro de 2001 pola que se formula a declaración de impacto ambiental (DIA) para o proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral da conca do río Ulla, promovido por Unión Fenosa, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 3 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 14 de maio de 2002 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 20 de febreiro de 2001 pola que se formula a decla

ración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral do río Ulla, promovido por Unión Fenosa, S.A., que se transcribe como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Francisco Pan-Montojo González

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Resolución do 14 de maio de 2002 pola que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental procede á corrección de erros da Resolución do 20 de febreiro de 2001 pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral da conca do río Ulla, promovido por Unión Fenosa, S.A.

Con data 20 de febreiro de 2001 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) para o proxecto de aproveitamento hidroeléctrico integral da conca do río Ulla, promovido por Unión Fenosa, S.A.

Detectados erros na antedita resolución, de seguido se procede á súa corrección:

-Punto 2.a.1), onde pon:

«Os dous saltos proxectados inicialmente deberán modificarse, proxectándose a construcción dun único salto, cun azude de altura non superior ós 5 m desde alicerces»

substitúese por:

«Os dous saltos proxectados inicialmente deberán modificarse, proxectándose a construcción dun único salto, cun azude de altura non superior ós 5 m, medidos desde o leito ata o vertedoiro».

-Punto 2.b.1), onde pon:

«Diminuirase a altura do azude, de xeito que non supere os 5 m de altura medida desde alicerces»

substitúese por:

«Diminuirase a altura do azude, de xeito que non supere os 5 m de altura, medidos desde o leito ata o vertedoiro».

-Punto 2.c.1), onde pon:

«Diminuirase a altura dos azudes, de xeito que non superen os 5 m de altura medida desde alicerces»

substitúese por:

«Diminuirase a altura dos azudes, de xeito que non superen os 5 m de altura, medidos desde o leito ata o vertedoiro».

-Punto 2.d.1), onde pon:

«Diminuirase a altura dos azudes, de xeito que non superen os 5 m de altura medida desde alicerces»

substitúese por:

«Diminuirase a altura dos azudes, de xeito que non superen os 5 m de altura, medidos desde o leito ata o vertedoiro».