Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores PO-AD-2001/3 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolucións dictadas pola instructora nos expedientes que, por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-los expedientes, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 21 de xuño de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-AD-2001/3.

Denunciado: Olimpio Maneiro García, enderezo: r/ López Ballesteros, nº 20-1º de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

DNI: 35325465.

Feitos denunciados: o denunciado foi sorprendido por unhas veciñas cando lle daba patadas a un can que ía solto pola rúa. Feitos denunciados ás 18 horas do día 28 de agosto de 2001, na rúa López Ballesteros en Vilagarcía de Arousa.

Data do acordo da incoación: 30-1-2002.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21 a) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros (50.001 ptas.).

Expediente: PO-AD-2001/5.

Denunciado: Juan Lains Vidal, enderezo: r/ Os Castros, Guireza-Cerdedo (Pontevedra).

DNI: 35268149.

Feitos denunciados: abandono dun can, encontrándose o animal nun estado deplorable con síntomas de haber bastante tempo que non comía. Descoñécese a súa raza, é de cor marrón e de pequeno tamaño. Feitos denunciados o día 17 de novembro do 2001 ás 16.30 horas no lugar Os Castros, no lugar de Quireza-Cerdedo (Pontevedra).

Data do acordo da incoación: 30-1-2002.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.1º c) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros (50.001 ptas.).