Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, o anexo ó proxecto da L.M.T. Castro-A Barrela, no concello de Carballedo. (Expediente 20/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. Fisterra, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1ª. Mª Luisa Blanco Guerra que manifesta a existencia, segundo os seus datos, de erros tanto no cultivo do predio como na afección proposta polo que solicita que a empresa beneficiaria lle facilite os datos precisos para poder definir con exactitude a devandita afección.

Considerando que tal alegación, vista a contestación a ela por parte da empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, non impide continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1. Porque a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. en contestación á alegación formulada por María Luisa Blanco Guerra, ampliou a información

sobre a afección que o paso da liña produce na parcela da alegante, remitíndolle esta delegación provincial para maior abastanza, copia do planto de planta e perfil no que se reflicte o paso da liña pola súa parcela.

Por outra banda cómpre indicar que será no momento do levantamento da acta previa á ocupación do predio, acto para o que será oportunamente convocada a alegante para os efectos de que poida efectua-las manifestacións que crea oportunas, cando se defina de forma exacta tanto a afección da parcela como as características do terreo que se ocupa, definición que servirá de base para a determinación da indemnización que corresponda para o que se instruirá o oportuno expediente segundo o procedemento establecido nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa de 1954.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha limitación sobre os predios en expropiación, ós que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e vista a Lei 54/1999, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle á Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña media tensión aérea ó C.T. de centro escolar con orixe na L.M.T. ó C.T. Lousada e remate no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. ó C.T. centro escolar, tensión de 20 kV. Cunha lonxitude de 0,331 km en conductor LA-56/54,6 mm. Con apoios 2/HVH e 3/HV:

2. Liña de media tensión subterránea ó C.T. do centro escolar cunha tensión de 20 kV, con orixe no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. ó C.T. centro escolar e remate no C.T. de centro escolar, cunha lonxitude de 0,015 km.

3. Centro de transformación prefabricado de centro escolar situado na Barrela cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Liña de baixa tensión aérea do centro escolar con orixe no C.T. do centro escolar cunha lonxitude de 0,17 km con 4 apoios HV.

5. Rede de baixa tensión subterránea do centro escolar con orixe no C.T. centro escolar e cunha lonxitude de 0,015 km.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de

novembro, do sistema eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó anexo o proxecto da L.M.T. Castro-A Barrela asinado polo enxeñeiro técnico industrial José María Fernández Rey e visado polo Coeti da Coruña co número 983978 con data do 16-4-2002, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II do título VII do citado Real decreto 1955/2000.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, acordo que polo representante da Administración se dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso con data do 24 de maio de 2002, Diario Oficial de Galicia con data do 29 de maio de 2002 e no BOP de Lugo con data do 31 de maio de 2002, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Carballedo. Ata o momento do levantamento das actas previas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos oiu se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, doi 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 10 de xullo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo