Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 442/2001).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 742 m de lonxitude, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Brea-Grandal, no termo municipal de Vilarmaior (expediente 442/2001), por resolución desta delegación provincial do 14 de marzo de 2002, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-los días 20 e 21 de agosto de 2002 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Vilarmaior, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP

e no xornal El Ideal Gallego de datas 15-1-2002, 19-12-2001 e 11-12-2002, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realízaa igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 26 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña