Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/23-2, 5801 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Viesgo I, S.A.

Domicilio social: r/ Medio, 12, 39003 Santander.

Denominación: ampliación dunha liña de 132 kV na subestación de Meira.

Situación: Meira.

Características técnicas: ampliación do parque de 132 kVA implementación dunha nova posición de liña de 132 kV. Ampliación do embarrado principal de 132 kV. Control, medida e protección da nova posición de liña. Ampliación dos servicios auxiliares mediante a instalación dun trafo de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte

ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 11 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo