Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.797

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, pola que se anulan dúas preguntas e se corrixe o modelo de respostas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión realizada o día 22 de xullo de 2002, o tribunal designado por orde da Consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración

Pública, do 25 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

-Anula-las preguntas número 75 e 78.

-Corrixi-lo modelo de respostas publicado, dando como correctas a resposta B da pregunta número 28, a D da número 35 e a B da número 67.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

Manuel González Torres

Presidente do tribunal