Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.797

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

ORDE do 22 de xullo de 2002 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, anunciada pola Orde do 12 de xuño de 2002.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, anunciada por Orde do 12 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño), de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, anunciada pola Orde do 12 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transistoria iniciarase a partir da correpondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

Aurelio Miras Portural

Conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior

ANEXO

Apelidos e nome: Rivas Martínez, María Dolores.

NRP: 3327518346 A2059.

Grupo: D.

Denominación do posto de traballo: secretario/a de conselleiro/a.

Código: EM.C01.00.000.15770.001.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 20.

Dependencia: Gabinete do conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Apelidos e nome: Álvarez Rascado, María del Carmen.

NRP: 7671161846 A2207.

Grupo: D.

Denominación do posto de traballo: secretario/a de secretario xeral.

Código: EM.C02.00.000.15770.002.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Apelidos e nome: García Palmou, María Cruz.

NRP: 3531702268 A2059.

Grupo: D.

Denominación do posto de traballo: secretario/a de director/a xeral.

Código: EM.C03.00.000.15770.002.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Emigración.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Apelidos e nome: Rodríguez Fernández, María José.

NRP: 3495243468 A2207.

Grupo: D.

Denominación do posto de traballo: secretario/a de director/a xeral.

Código: EM.C04.00.000.15770.002.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Apelidos e nome: Fernández Jiménez, María Begoña.

NRP: 7661728535 A2053.

Grupo: C.

Denominación do posto de traballo: sección unidade de apoio.

Código: EM.C03.00.000.15770.005.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 25.

Dependencia: Dirección Xeral de Emigración.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).