Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.790

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Unión de Empresas Madereras, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Unión de Empresas Madereras, S.A. (código convenio 1501572) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-6-2002, subscrito en representación da parte económica por Unemsa, e da parte social, polo comité de empresa o día 13-6-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xuño de 2002.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo para aglomerados

de madeira da empresa Unemsa

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio é de aplicación a todo o persoal que presta os seus servicios na empresa Unemsa, con domicilio na Canosa-Rus, Carballo (A Coruña), que ten como actividade fundamental a fabricación de taboleiros de madeira aglomerada en tódalas súas clases, así como o serradoiro dependente dela, sen máis excepcións coas indicadas pola lei.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio terá unha duración de tres anos. Entrará en vigor o un de xaneiro de dous mil dous e terminará a súa vixencia o trinta e un de decembro de dous mil catro.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións económicas que con carácter de cómputo anual excedan das fixadas neste convenio.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas, estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa, que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 4º.-Absorción.

As disposicións legais que impliquen variación económica nalgúns dos aspectos retributivos unicamente terán eficacia práctica se, globalmente considerados, superan o nivel total do convenio. En caso contrario, estimaranse absorbidas polas melloras pactadas nel.

Artigo 5º.-Revisión.

Este convenio será revisado unicamente en tódolos seus efectos económicos, o día un de xaneiro de dous mil tres e o un de xaneiro de dous mil catro. Consistirá esta revisión na aplicación do IPC establecido polo INE durante os anos 2002 e 2003, respectivamente.

Artigo 6º.-Comisión mixta.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender cantas dúbidas poidan derivarse da súa aplicación, establécese unha comisión composta por 3 membros da parte social e 3 en representación da empresa. Poderá asistir un asesor por cada parte.

Artigo 7º.-Período de proba.

Sempre que non se pacte por escrito, o ingreso será provisional ata que non se cumprise o período de proba, que para cada grupo profesional se detalla a continuación:

a) Persoal técnico titulado e non titulado: dous meses.

b) Persoal administrativo: un mes.

c) Persoal obreiro e subalterno: quince días.

Artigo 8º.-Personal con capacidade diminuída.

A empresa queda obrigada a recoloca-lo persoal con capacidade diminuída, como consecuencia de accidente laboral ou enfermidade profesional, sempre que non acadase unha invalidez permanente en calquera dos seus graos. En caso de enfermidade profesional, sempre que o traballador teña unha antigüidade na empresa de máis de 6 anos.

Se o novo posto é de categoría superior rexerán para el as condicións económicas do devandito posto. Se fose inferior, continuará percibindo as retribucións anteriores.

Esta situación será estudiada conxuntamente pola dirección e o comité de empresa.

Artigo 9º.-Bilingüísmo.

Para tódolos efectos serán idiomas oficiais o galego e o castelán.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal de 4 pezas de roupa de traballo ó ano, fundas ou batas segundo

o caso, con obriga de usalas e con duración conxunta de 1 ano. A súa entrega efectuarase por partes, 2 pezas a primeiros de xaneiro e 2 a primeiros de xullo.

Material de seguridade: o comité de seguridade e saúde determinará as pezas de roupa de seguridade necesarias para cada posto con obriga do seu uso. Tamén determinará a renovación delas.

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A fixación dos horarios de traballo e calendario laboral estableceranse dentro do mes seguinte á publicación do calendario oficial, entre o comité de empresa e a dirección. En caso de desacordo, decidirá a autoridade laboral.

A xornada de traballo nesta empresa terá as seguintes modalidades:

1. Xornada partida.

2. Xornada continuada.

3. Xornada en quendas.

A duración máxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais efectivas de traballo.

-A modalidade de xornada partida efectuarase de luns a venres realizando 8 horas diarias. Estes traballadores pasarán a xornada continuada durante os meses de xullo e agosto a razón de 7 horas diarias durante o devandito período de tempo.

Excepcionalmente, a empresa poderá determinar aqueles departamentos ou seccións que necesariamente deban realizar esta xornada de luns a sábado.

-A xornada en quendas de traballo poderá ser de 2 quendas, 3 quendas e 3 quendas con 4 de persoal.

A xornada con 2 quendas será de luns a venres a razón de 7 horas e media diarias de traballo efectivo, traballando os sábados pola mañá alternativamente durante 4 horas.

-Xornada de 2 quendas de luns a sábado; será de 6 horas e media de traballo efectivo, con media hora de descanso. A retribución será a mesma cá do persoal de 3 quendas con 4 de persoal, polo que recibirán os complementos na mesma contía en concepto de complemento de locomoción, de traballo ininterrompido e o complemento de nocturnidade, cuantificándose este, como mínimo en 7 noites mensuais.

A xornada con 3 quendas será de 40 horas semanais efectivas de traballo, distribuídas de luns a venres a razón de 7 horas e media de traballo efectivo. Cando un quenda coincida de mañá, traballará os sábados pola mañá, ata completa-lo cómputo trisemanal de 120 horas efectivas.

A xornada con 3 quendas diarias e 4 de persoal ten por obxecto realizar un proceso de producción que ha de ser continuado. Os días de traballo consecutivo non poderán exceder de 9 e un dos descansos deste período, como mínimo, coincidirá en domingo.

A xornada diaria será de 7 horas e media de traballo efectivo.

Tódolos traballadores de xornada a quenda desfrutarán de media hora de descanso en cada xornada, non computable dentro das 7 horas e media de traballo efectivo e sen que iso implique trastorno ningún co réxime de fabricación. Cando por motivos de necesidade non puidesen desfrutarla será retribuída como exceso de xornada.

A media hora de descanso anteriormente referida non significa traballo efectivo. Esta media hora de descanso desfrutarase: na quenda de 6 a 14 horas ás 10 horas; na quenda de 14 a 22 horas ás 18 horas e na quenda de 22 a 6 horas ás 2 horas.

A empresa e os traballadores comprométense a respecta-la xornada de traballo que actualmente veñen realizando os traballadores de 3 quendas con 4 de persoal.

Poderán establecerse estes sistemas de traballo en todas aquelas seccións en proceso de instalación ou que puidesen instalarse, así como naquelas nas cales xa se viñese realizando.

Na elaboración do calendario anual de traballo para o sistema de 3 quendas con 4 de persoal, a empresa poderá incluír como días de traballo un máximo de 6 festivos, respectando obrigatoriamente o descanso nas seguintes festas: para o ano 2002 desde as 14 horas do día anterior das festas de Nadal, 1º de ano e 24 de xuño e os 3 quendas das festas de 1º de maio, 25 de xuño e 6 de decembro.

En compensación dos días festivos incluídos no calendario de traballo como laborables, os traballadores teñen dereito a un número igual de días de descanso como permiso retribuído, os cales serán desfrutados nas seguintes formas:

Naqueles festivos considerados como laborables e cando se encontren as liñas de producción paradas.

Un quedará absorbido en razón de que as festas de Nadal, 1º de ano e 25 de xuño se iniciarán ás 14 horas do día anterior.

Tres dos días cando os traballadores o soliciten, e cando sexa compatible coa continuidade da producción e o resto dos días, poderaos distribuí-la empresa nas paradas de fabricación e sempre que sexan notificados ós traballadores con 15 días de antelación.

No mes de decembro a empresa aboará en horas extras festivas os días de descanso pendentes de desfrute, salvo que os traballadores prefiran acumulalos ó ano seguinte.

Durante as paradas de fabricación que teñan duración superior a 24 horas a empresa respectará os descansos dominicais e non se realizarán xornadas nocturnas, a excepción daquel persoal que sexa necesario para a posta en marcha, para efectuar traballos de mantemento de necesidade inmediata ou para aqueloutros dos que pola súa natureza non se

puidese prescindir, o cal non terá vixencia cando un festivo coincida en véspera de domingo ou festa.

Aclárase que, para o persoal de 2 quendas, 3 quendas e xornada partida, se desfrutará dos festivos sinalados no BOP da Coruña que para 2002 foi publicado o 24 de novembro de 2001.

Artigo 12º.-Vacacións.

O persoal que preste os seus servicios na empresa baixo a modalidade de traballo de 3 quendas con 4 de persoal, poderanse fracciona-las súas vacacións anuais da seguinte forma: 25 días ininterrompidos comunicados con dous meses de antelación, e cinco días laborables (de luns a venres) a elixir pola empresa, comunicándollo con quince días de antelación.

O resto do persoal da empresa, segundo o presente convenio, desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais ininterrompidos.

Malia o anterior, este período poderá fraccionarse cando a empresa e o comité de empresa así o acorden, en atención a necesidades urxentes do servicio.

A retribución das vacacións será a mesma que correspondería a cada traballador polo seu traballo habitual, excepto complemento de locomoción.

As vacacións desfrutaranse por anos naturais ou na parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando na empresa o ano completo.

O calendario de vacacións establecido entre a dirección da empresa e o comité de empresa exporase cunha antelación de 2 meses como mínimo. O período de vacacións estará comprendido entre a 2ª semana de xuño e a 3ª de setembro.

Se por necesidades da empresa, os traballadores tivesen que desfruta-las vacacións fóra do período anteriormente sinalado, serán compensados con 3 días laborables máis sobre os 30 naturais fixados con xeneralidade anteriormente.

No suposto de producirse incapacidade laboral transitoria antes do período sinalado para o desfrute de vacacións, estas poderán desfrutarse sempre que durante o ano natural existan días dispoñibles, isto é, que se a ILT continuase ata o 31 de decembro non haberá lugar ó desfrute de vacacións.

Artigo 13º.-Licencias.

Segundo o presente convenio, o persoal desta empresa terá dereito a desfrutar, mediante aviso previo, licencias en calquera dos casos seguintes, sempre que non estea desfrutando das súas vacacións regulamentarias e estas cubran a totalidade do período solicitado de licencia.

a) Por matrimonio do traballador: 21 días naturais retribuídos, podendo acumularse a vacacións.

b) Por falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos, irmáns e irmáns políticos: 5 días naturais retribuídos e 2 días naturais non retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar; 3 días naturais retribuídos e 2 días naturais non retribuídos se non formasen parte da unidade familiar.

c) Por falecemento de avós e netos: 3 días naturais retribuídos.

d) Por falecemento de tíos e sobriños: 3 días naturais retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar; 1 día natural retribuído, ampliable a 2 días máis sen retribución se non formasen parte da unidade familiar.

e) Por enfermidade grave de cónxuxe, pais, fillos, irmáns ou pais políticos: 3 días naturais retribuídos e 2 días naturais sen retribución; igualmente, os fillos políticos se forman parte da unidade familiar.

f) Por parto da esposa: 5 días naturais retribuídos.

g) Por voda dun fillo: 2 días naturais retribuídos.

h) Por voda dun irmán: 1 día natural retribuído.

i) Por estudios, concederanse as licencias necesarias retribuídas para que se poida concorrer ós exames nas convocatorias do correspondente centro, debendo ser presentados os xustificantes de convocatoria e asistencia a exame.

j) Por cumprimento dun deber de carácter público e persoalmente inescusable: o tempo preciso para iso, sendo retribuído.

k) Por mudanza: 2 días naturais retribuídos.

l) O persoal de xornada partida terá dereito a 1 día de licencia, que será desfrutado cando o solicite.

m) A tarde do Martes de Entroido será libre para o persoal de xornada partida e 2 quendas.

Posteriormente ó desfrute destes permisos, os productores xustificarán fidedignamente as causas que motivaron aqueles.

O desfrute das licencias terá que comezar no momento inmediato á causa que a motiva. De non ter sido solicitada en tal sentido non haberá lugar á devandita licencia, con excepción do sinalado no punto a).

Artigo 14º.-Excedencia.

Poderán solicitar excedencia aqueles traballadores cunha antigüidade na empresa de como mínimo un ano, non podendo instar nova solicitude ata que transcorresen 2 anos, contados desde o termo da anterior, a excepción de que esta sexa concedida por realización de estudios de calquera clase. A duración será entre 3 meses a 5 anos. A petición formularase por escrito, tendo que ser resuelto ós 15 días da súa formulación.

A petición de reingreso débese facer en tódolos casos cun mes de antelación á finalización do período de excedencia, sendo inmediata a incorporación ó posto de traballo, unha vez transcorrido este período de 30 días. A concesión de excedencia será obrigatoria, cando teña por orixe o desempeño polo productor dun cargo de carácter público e/ou sindical, caso en que o tempo de duración dela se estenderá a todo o tempo que desempeñe o cargo que se lle confiou ou para o que foi designado.

O comité de empresa tramitará ante a dirección da empresa tódalas peticións de excedencia por parte dos traballadores a que representen.

Artigo 15º.-Estructura salarial.

A estructura salarial deste convenio representa así:

-Salario base ou de convenio: salario de convenio máis complemento ad personam.

-Complementos do salario:

a) Persoais: antigüidade.

b) De posto de traballo: complemento de nocturnidade, complemento de 3 quendas, complemento de traballo ininterrompido, complemento de xornada partida.

c) De calidade ou cantidade: horas extras.

d) De vencemento periódico superior a 1 mes:

-Paga de primavera.

-Paga de verán.

-Paga de Nadal.

-Devengos non salariais:

-Axudas de custo para viaxe.

-Quebranto de moeda.

-Complemento de locomoción.

-Mellora social.

Artigo 16º.-Salario base ou de convenio.

Os salarios base ou de convenio establecidos para cada categoría profesional por unidade de tempo son os que se recollen nas táboas do anexo I.

Artigo 17º.-Antigüidade.

Consistirá en quinquenios en contía de 31,88 A mensuais, igual para tódalas categorías. A data inicial de cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa calquera que sexa a categoría coa que ingrese.

Unicamente non se computará para antigüidade o tempo que se permanecese en situación de excedencia voluntaria.

A antigüidade comezarase a devengar a partir do día 1 do mes seguinte a aquel en que se cumpre o quinquenio.

Artigo 18º.-Complementos.

a) Complemento de nocturnidade: os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e 6 horas percibirán un 25% do seu respectivo salario de convenio en concepto de complemento de nocturnidade, por cada xornada traballada.

b) Complemento de 3 quendas: os traballadores en réxime de 3 quendas de traballo con descanso dominical percibirán por cada mes traballado neste réxime 44,78 A mensuais.

c) Complemento de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de 3 quendas de traballo con

4 quendas de persoal percibirán por este concepto 153,92 A mensuais.

d) Complemento de xornada partida: os traballadores en réxime de xornada partida percibirán por este concepto 23,13 A mensuais.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Serán horas extraordinarias todas aquelas que excedan da xornada establecida no artigo 12º para cada réxime de traballo.

Os valores das devanditas horas son os que figuran para cada categoría no anexo II deste convenio, que foron calculados de acordo coa lei vixente (D. 17-3-1973).

A iniciativa de traballo en horas extraordinarias corresponderalle á empresa e a libre aceptación ou denegación ó traballador. Só serán obrigatorias nos supostos contemplados en lei.

Terán consideración de horas extras nocturnas as que coinciden con quenda de noite.

Terán consideración de horas extras festivas as realizadas en domingo, día festivo ou en día de descanso; ademais, cando un festivo coincide en día de descanso semanal percibiranse 8 horas festivas, entendéndose que a xornada que segundo o seu réxime de quenda se realiza en domingo, non ten consideración de horas festivas en canto é compensado con descanso semanal.

Artigo 20º.-Pagas extraordinarias.

A tódolos traballadores aboaránselle-las pagas extras de verán e Nadal na contía, cada unha de elas, de 30,4 días de salario de convenio máis ad personam máis antigüidade correspondente. Tamén se lle aboarán a paga de primavera en contía de 12 días e nos mesmos conceptos anteriores.

A paga de primavera farase efectiva o día 15 de marzo; a de verán o día 15 de xullo e a de Nadal o día 15 de decembro ou nos días inmediatamente anteriores se estes fosen festivos.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ó tempo de permanencia na empresa durante os 12 meses anteriores ó aboamento delas, computándose como permanencia os períodos de ILT

Artigo 21º.-Axudas de custo e desprazamentos.

O persoal que saia fóra da localidade na que reside a empresa por causas de servicio a ela, terá dereito a unha indemnización polos gastos que se lle orixinen, logo de xustificación.

Artigo 22º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 32,44 A mensuais.

Artigo 23º.-Igualdade de retribucións.

Non pode establecerse diferencia de retribucións por razón de sexo, idade ou nacionalidade para o persoal que desenvolva traballo de igual valor. Considerarase valor igual aquel que teña idéntica cla

sificación profesional e posto de traballo, así como función, actividade e rendemento.

Este respectarase para a promoción persoal.

Artigo 24º.-Enfermidade e accidente.

A partir dun mes ininterrompido de situación de ILT, o traballador percibirá con cargo á empresa un complemento que, engadido á prestación do INSS, complete o 100% dos seus salarios reais, podendo requirirse certificación médica e o visto e prace en sesión conxunta do comité de empresa e a dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extras.

Cando a ILT sexa debida a accidente laboral, enfermidade profesional ou maternidade, este complemento percibirao desde o primeiro día.

Nos supostos de que a ILT motivara hospitalización, o traballador terá dereito á percepción do devandito complemento a partir do primeiro día de situación de ILT

Para o cómputo dos complementos para os efectos da percepción antes sinalada, tódolos meses serán de 30,4 días.

Artigo 25º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá xantar no bar, séndolle deducido do importe total da comida a cantidade de 3,57 A, por ser esta aboada pola empresa, a partir do día 1 de xaneiro de 2002.

A empresa asume o incremento do IPC correspondente ó importe total que terá que satisface-la empresa e o persoal durante os tres anos de vixencia do presente convenio.

Artigo 26º.-Fondo social.

O fondo social nutrirase co 1% do salario base ou de convenio de cada traballador máis outra cantidade igual por parte da empresa. O control e destino deste fondo terao o comité, debendo dar coñecemento á empresa del.

Artigo 27º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 65 anos para o persoal que leve como mínimo 7 anos na empresa, consistente nunha mensualidade de salario base e a súa antigüidade. Así mesmo e para o persoal que se xubile voluntariamente, establécense as seguintes cantidades:

-Ós 60 anos: 300 días de salario real.

-Ós 61 anos: 240 días de salario real.

-Ós 62 anos: 180 días de salario real.

-Ós 63 anos: 120 días de salario real.

-Ós 64 anos: 100 días de salario real.

Estas cantidades aboaranse con independencia das liquidacións correspondentes, mantendo o seu valor económico durante toda a vixencia do convenio.

Artigo 28º.-Póliza de seguro.

A empresa garante para 2002, 2003 e 2004, duración deste convenio, unha póliza de cobertura colectiva das mesmas condicións e cobertura de contixencia vixente:

-Por morte natural: 1.851,72 A.

-Por accidente e invalidez permanente: 12.344,79 A.

Estas cantidades serán actualizadas en función das variacións que anualmente experimente o IPC durante a vixencia deste convenio.

O comité de empresa xestionará a póliza de seguros coas mesmas condicións de risco actuais.

Da devandita xestión o comité informará a empresa, co fin de que esta poida acepta-las correspondentes primas ou facilitar ó comité unha licitación mellor.

Artigo 29º.-Información.

Cando se produzan decisións da empresa que teñan que afectar substancialmente a organización de traballo e necesiten a aprobación da autoridade laboral, a empresa informará previamente ó comité de empresa, con 20 días de antelación.

Artigo 30º.-Maternidade.

Toda muller en estado de embarazo terá dereito a cambio de posto de traballo cando este entrañe dificultades para a nai ou o neno, logo de informe do médico de empresa, confirmado, se procede, polo seu xinecólogo.

No suposto de parto, a suspensión do contrato de traballo terá unha duración de dezaseis semanas que se desfrutarán de forma ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúa semanas máis por cada fillo a partir do segundo.

Malia o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatamente posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto ben de forma simultánea ou sucesiva ó da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións, a muller, pola súa voluntade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou pai en caso de que ambos traballen.

Artigo 31º.-Complemento de locomoción.

Establécese un complemento de locomoción para tódolos traballadores por uns importes que figuran nas táboas anexas. O devandito complemento estará

referido a días efectivos de traballo polo que, de producirse algunha ausencia a el que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, se descontará a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación cos días laborables del, ata un máximo de 78,35 A

Artigo 32º.-Contratación de traballadores en prácticas ou para formación.

a) Traballadores en prácticas: a contratación destes traballadores rexerase polo disposto no Estatuto dos traballadores e disposicións complementarias.

A súa retribución económica non poderá ser inferior ó 60 ou ó 75 por 100 durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente, do salario fixado para o traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

Sen prexuízo do anterior, en ningún caso a devandita retribución poderá ser inferior ó salario mínimo interprofesional vixente.

b) Traballadores en formación: esta forma de contratación rexerase igualmente polo establecido no Estatuto de traballadores e disposicións complementarias. A súa retribución económica será a establecida neste convenio para a categoría profesional na cal efectúe a súa formación, sen que poida ser inferior ó salario mínimo interprofesional en proporción ó tempo do traballo efectivo.

O traballador terá dereito a ser contratado como traballador en prácticas polo período de 12 meses para o cal deberá estar en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional, dentro dos catro anos inmediatamente seguintes á terminación dos correspondentes estudios. Ó finalizar este novo período, de non haber vacante na categoría correspondente será dado de baixa na empresa mantendo preferencia na primeira vacante que se produza.

c) A retribución dos traballadores en prácticas ou en formación será proporcional á xornada de traballo que realice.

Artigo 33º.-Acción sindical.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpran os seguintes requisitos:

a) Tratarse de centrais legalizadas.

b) Que agrupen como mínimo ó 10% da cadro de persoal de cada centro de traballo.

As seccións sindicais poderán dispoñer dun taboleiro de anuncios para a súa propaganda específica.

Aquellas centrais que agrupen máis do 25% dos traballadores do centro de traballo terán capacidade para a convocatoria de asembleas. As devanditas asembleas celebraranse fóra das horas de traballo.

Aquelas seccións sindicais que agrupen máis do 40% dos traballadores por centro de traballo, teñen dereito de ata 70 horas por ano retribuídas para a súa acción sindical. As devanditas horas serán retribuídas como se efectivamente se realizase o traballo habitual.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais, a empresa descontará na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical a que pertence, así como o número de conta corrente á que debe ser transferida a correspondente cantidade. A dirección de empresa enviará copia da transferencia de ingreso á correspondente central sindical ou á sección sindical.

O comité de empresa é o órgano legal de representación de tódolos traballadores. Recoñécenselle 24 horas por cada delegado ó mes para a súa acción sindical que poderán ser acumuladas noutros delegados, entendéndose que o dereito é un conxunto para todo o comité. As devanditas horas serán retribuídas como se efectivamente se realizase o traballo habitual.

Este disporá dun taboleiro de anuncios no centro de traballo e ademais poderá repartir dentro do centro comunicacións a tódolos traballadores.

Artigo 34º.-Seguridade e saúde laboral.

De conformidade co disposto no artigo 38 da Lei de prevención de riscos laborais, constituirase un comité de seguridade e saúde composto por:

-Dous delegados de prevención designados de entre os membros do comité de empresa.

-Dous representantes da empresa.

-Un secretario designado de común acordo, con voz pero sen voto.

Nas reunións do comité de seguridade e saúde participarán con voz pero sen voto os membros do comité de empresa que non asuman as funcións de delegados de prevención.

O devandito comité desempeñará as funcións que lle atribúa a vixente Lei de prevención de riscos laborais e as disposicións regulamentarias que a desenvolvan.

Artigo 35º

As condicións económicas pactadas neste convenio comezarán a figurar na nómina de xuño de 2002. Os atrasos devengados por cada traballador aboaranse coa nómina do mes de xuño.

Artigo 36º

A empresa garante que, como consecuencia da aplicación das diversas xornadas recoñecidas neste convenio, non se producirán reduccións nos actuais cadros de persoal.

Artigo 37º

Os complementos ad personam incrementaranse na mesma porcentaxe que o salario.

Artigo 38º.-Transporte.

A empresa aboará a quen teña o seu domicilio a máis de 2 km do centro de traballo, a cantidade de 0,060 A/km e figurará na nómina separado do complemento de locomoción.

Artigo 39º.-Denuncia.

O aviso previo de convenio terá que facerse cunha antelación mínima dun mes, respecto á data do seu vencemento.

ANEXO I

Salario mesSalario díaSalario ano

Ptas.APtas.APtas.A

Persoal fabricación:
Peón109.699659,303.60921,691.579.6669.493,98
Peón especialista110.609664,773.63821,871.592.7699.572,73
Capataz peóns112.974678,993.71622,341.626.8279.777,43
Axudante112.974678,993.71622,341.626.8279.777,43
Oficial de segunda117.425705,743.86323,221.690.92210.162,64
Oficial de primeira125.674755,324.13424,851.809.70510.876,55
Xefe de equipo149.933901,114.93229,642.159.03212.976,04
Xefe de quenda153.729923,935.05730,392.213.69113.304,55
Encargado de sección157.611947,265.18531,162.269.59313.640,53

Persoal mantemento:
Aprendiz83.761503,422.75516,561.206.1647.249,19
Oficial de terceira119.252716,723.92323,581.717.23110.320,77
Oficial de segunda129.557778,654.26225,611.865.62211.212,61
Oficial de primeira142.509856,494.68828,172.052,12312.333,51
Xefe de equipo165.126992,435.43232,652.377.81714.290,97
Xefe de taller211,7671.272,756.96641,873.049.45118.327,57
Xefe de mantemento235.3521.414,507.74246,533.389.07520.368,75

Persoal subalterno:
Dep. econ., pesador, ordenanza112.826678,103.71122,311.624.6989.764,63
Porteiro, vixilante, garda, listeiro, almaceneiro, chofer turismo118.732713,603.90623,471.709.74810.275,79
Conductor mecánico126.456760,014.160251.820.96010.944,19

Persoal administrativo:
Aspirante99.194596,173.26319,611.428.3918.584,80
Auxiliar, telefon., mecanóg.112.702677,353.70722.281.622.9089.753,87
Oficial de segunda133.667803,364.39726,431.924.80711.568,32
Oficial de primeira148.342891,554.88029,332.136.12412.838,36
Xefe166.4301.000,275.47532,902.396.59914.403,85
Xefe administrativo204.0451.226,346.71240,342.938.25417.659,26

Persoal técnico:
Analista112.826678,103.71122,311.624.6989.764,63
Delineante133.667803,364.39726,431.924.80711.568,32
ATS128.157770,244.21625,341.845.46511.091,47
Perito151.492910,484.98329,952.181.48113.110,97
Técnico proxectista154.368927,775.07830,522.222.90513.359,93
Licenciado, enxeñeiro204.0451.226,346.71240,342.938.25417.659,26

ANEXO II

Hora normalHora extraHora fest./noct.

Ptas.APtas.APtas.A

Persoal fabricación:
Peón9035,431.5809,491.80510,85
Peón especialista9095,461.5919,561.81810,93
Capataz peóns9195,521.6099,671.83811,05
Axudante9195,521.6099,671.83811,05
Oficial de segunda9615,781.68210,111.92311,55
Oficial de primeira1.0276,171.79710,802.05412,34
Xefe de equipo1.1867,132.07612,482.37214,26
Xefe de quenda1.2197,332.13312,822.43814,65
Encargado de sección1.2477,492.18213,112.49414,99

Hora normalHora extraHora fest./noct.

Ptas.APtas.APtas.A

Persoal mantemento:
Aprendiz6734,041.1777.081.3458,09
Oficial de terceira9615,781.68210,111.92311,55
Oficial de segunda1.0386,241.81710,922.07712,48
Oficial de primeira1.1476,892.00812,072.29413,79
Xefe de equipo1.3398,052.34414,092.67816,10
Xefe de taller1.68510,132.94917,733.37120,26
Xefe de mantemento1.90111,433.32719,993.80222,85

Persoal subalterno:
Dep. econ., pesador, ordenanza9185,521.6079,661.83611,04
Porteiro, vixilante, garda, listeiro, almaceneiro, chofer turismo9715,831.69810,211.94111,67
Conductor mecánico1.0536,331.84211,072.10512,65

Persoal administrativo:
Aspirante7924,761.3868,331.5849,52
Auxiliar, telefon., mecanóg.8965,381.5679,421.79110,76
Oficial de segunda1.0636,391.86011,182.12612,78
Oficial de primeira1.1807,092.06512,412.36014,18
Xefe1.3237,952.31513,912.64615,90
Xefe administrativo1.6169,722.82917,003.23319,43

Persoal técnico:
Analista8925,361.5629,391.78510,73
Delineante1.0636,391.86011,182.12612,78
ATS
Perito1.2017,222.10112,632.40114,43
Técnico proxectista1.2267,372.14612,902.45214,74
Licenciado, enxeñeiro1.6169,722.82917,003.23319,43

ANEXO III

Complemento locomoción

Dous/tres e catro quendas *

Ptas.A

Persoal fabricación:
Peón20.267121,81
Peón especialista20.311122,07
Capataz peóns20.431122,79
Axudante20.431122,79
Oficial de segunda20.652124,12
Oficial de primeira21.067126,61
Xefe de equipo22.285133,93
Xefe de quenda22.477135,09
Encargado de sección22.670136,25

Persoal mantemento:
Aprendiz18.966113,99
Oficial de terceira20.751124,71
Oficial de segunda21.260127,77
Oficial de primeira21.915131,71
Xefe de equipo23.043138,49
Xefe de taller25.386152,58
Xefe de mantemento26.562159,64

Persoal subalterno:
Dep. econ., pesador, ordenanza20.426122,76
Porteiro, vixilante, garda, listeiro, almaceneiro, chofer turismo20.721124,53
Conductor mecánico21.109126,87

Tódolos traballadores a xornada partida percibirán 78,35 euros (13.036 pesetas) en concepto de complemento de locomoción.

(*) Tres quendas con catro de persoal.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA