Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle na rúa Ramón Nieto, 177 (expediente 7160/411).

O Pleno deste Concello de Vigo, en sesión do 27 de maio de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes o ámbito da parcela situada na rúa Ramón Nieto, 177, presentado pola entidade Avenida de Vigo, S.L., redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez, e visado polo COAG con data do 2 e 9 de xaneiro de 2002.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñe-lo seguinte recurso:

a) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 18 de xuño de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo