Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da seguinte obra:

Obxecto: sumidoiros na Manga, Cabreiro e Cores.

Orzamento: 97.994,56 euros (IVE e honorarios de redacción de proxectos incluídos).

Fianzas: provisional: 2% do tipo. Definitiva: 4% por orzamento de adxudicación.

Prazo de execución: 6 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados a partir do anuncio de licitación no BOP.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas.

Vilanova de Arousa, 19 de xuño de 2002.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde