Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

No BOP de Lugo nº 137, con data do 17 de xuño de 2002 publícanse integramente as bases xerais e específicas para a provisión das prazas recollidas na oferta de emprego público para o ano 2002 que son as seguintes:

a) Funcionarios de carreira:

a) Promoción interna:

1. Grupo C (segundo o artigo 25 da Lei 30/1984).

-Escala de Administración xeral, subescala administrativa. Denominación: administrativo. Número de vacantes: dúas (postos RPT-0103 e 0104).

b) Persoal laboral fixo:

a) Acceso libre:

1. Responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: licenciado en psicoloxía.

2. Responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: titulación universitaria de grao medio.

3. Responsable da Oficina Municipal de Información ó Consumidor. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente.

De conformidade co previsto na base 4ª.1 das xerais o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP e tablón de anuncios do concello.

Ribadeo, 18 de xuño de 2002.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde