Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno de Ferrol, en sesión celebrada o dez de xullo do ano en curso, aprobou definitivamente o estudio de detalle presentado por Century Galicia, S.L. na praza ZL-73 sita na confluencia das rúas Terra e Almendra.

O que se fai público para xeral coñecemento podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no

DOG sen prexuízo de calquera outro que estime procedente.

Ferrol, 12 de xullo de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde