Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 10 de xullo do ano en que estamos, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación por concurso das obras do proxecto de acondicionamento e mellora de acceso ó núcleo de poboación de Baltar, exponse ó público na Secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentaren reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Pastoriza.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: acondicionamento e mellora de acceso ó núcleo de poboación de Baltar. Prazo: nove meses.

3. Orzamento base de licitación, importe total: 62.729 euros, IVE incluído.

4. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

5. Garantías: provisional: 1.254,58 euros, definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello da Pastoriza, Secretaría; praza de Galicia, nº 1, 27287 A Pastoriza; teléfono: 982 33 21 97; fax: 982 33 22 33. Ata o día anterior a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, praza de Galicia, nº 1.

8. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello, ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte

ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación: os especificados na cláusula 21.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 12 de xullo de 2002.

José Yáñez García

Alcalde