Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORISTANCO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente a modificación puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Coristanco (A Coruña), polo Pleno do Concello, en sesión do 20 de xuño de 2002, faise público o citado acordo en cumprimento do disposto nos artigos 42.1º, 49 e 50 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e no artigo 161 do Regulamento de planeamento urbanístico, co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións ou suxestións que coiden oportunas, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no xornal El Ideal Gallego, e no Diario Oficial de Galicia.

Coristanco, 24 de xuño de 2002.

Antonio Pensado Plágaro

Alcalde