Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de maio, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, fanse públicos os seguintes nomeamentos de funcionarios de carreira desta corporación, que ingresaron en virtude de probas selectivas que tiveron lugar na oferta de emprego público de 2001.

-Unha praza de escala de Administración xeral, subescala auxiliar, nomeado por resolución da Alcaldía con data do 19 de xuño de 2002: María José Godoy Pérez.

-Unha praza de escala de Administración xeral, subescala subalterno, nomeado por resolución da Alcaldía con data do 19 de xuño de 2002: Miguel Ángel Martínez Penedo.

Ourense, 19 de xuño de 2002.

O alcalde

Rubricado