Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 11 de xullo de 2002, acordou aprobar definitivamente o expediente de modificacións puntuais das normas subsidiarias do planeamento municipal relativas á recualificación de dúas parcelas situadas no solo urbano de Guísamo. Segundo a documentación presentada polo arquitecto José Miguel Vázquez García e o avogado Juan Pérez Rodríguez, consistentes en:

1. Recualificar unha parcela, sita no solo urbano do núcleo de Guísamo, cualificada polas normas subsidiarias como equipamento público (escolar-deportivo), para transformala en residencial extensivo (vivenda unifamiliar).

2. Recualificar unha parcela, sita no solo urbano do núcleo de Guísamo, cualificada polas normas subsidiarias como residencial extensivo (vivenda unifamiliar), para tranformala en equipamento público (escolar deportivo).

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencio

so-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancia previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 17 de xullo de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde presidente