Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión con data do 6 de xuño de 2002, o estudio de detalle para fixación de aliñacións e reordenación de volumes na prolongación da rúa O Chao ata o transformador, que se tramita por instancia de Manuel Fernández Pérez y Sobrinos, S.L. Sométese o expediene a exposición pública polo prazo dun mes contado desde o seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que poida ser examinado polos interesados e formular alegacións.

O Barco de Valdeorras, 17 de xuño de 2002.

O alcalde

Rubricado