Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 24 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 313/2000, incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes:

Empresa: Datsima Obras y Reformas, S.L.

Domicilio e localidade: Gran Vía, 144-7º C, 36204 Vigo.

Nº de expediente: 313/00, 1879/99(AI).

Data resol. deleg. prov.: 24-5-2002.

Preceptos:

-Infrinxidos: anexo IV, parte C, punto 9.b.1 e artigo 11.1º c), anexo IV, parte C, punto 11 a, b e c do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

-Sancionadores: artigos 47.16º f), artigo 47.13º e 49 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Resolución: multa de 3.365,67 euros.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova, Recaudación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 24 de xuño de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE