Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 307/2002 e dous máis.

Ó non seren atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 307/2002.

Acta infracción nº: 389/2002.

Empresa: Tu Idea Factory, S.L.

NIF/DNI: B-15645930.

Enderezo: Carrio, 67 (Bergondo).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 3.005,06 A.

Resumo da acta de infracción:

En virtude de accidente laboral nunha obra de construcción sita en Palas de Rei (Lugo), remíteselle citación á empresa de referencia para que presente o plano de seguridade correspondente á dita obra, comprobándose a ausencia del e que non se efectuou investigación interna das circunstancias concorrentes no accidente.

Vulnérase o artigo 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 15 e 16 la Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigos 1, 7 e 11 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Apréciase unha falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.6º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 372/2002.

Acta infracción nº: 474/2002.

Empresa: Tu Idea Factory, S.L.

NIF/DNI: B-15645930.

Enderezo: Carrio, 67 (Bergondo).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 A.

Resumo da acta de infracción:

Efectuadas comprobacións administrativas co obxecto de investiga-lo accidente na obra de construcción sita en r/ Fiandeiras-O Carballo (Oleiros), constatouse que a empresa da referencia non tiña concertado no momento do accidente o servicio de prevención, nin a avaliación de riscos, nin o plano de seguridade da obra.

Vulnéranse os artigos 14 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigo 3 do Real decreto 487/1997, do 14 de abril e artigo 7 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Apréciase falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.1º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 527/2002 (I).

Acta infracción nº: 179/2002 (I).

Empresa: Construcciones Brigantina, S.L. (I).

NIF/DNI: B-15066137.

Enderezo: travesía Cervantes, 5 (Betanzos).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita realizada á obra de construcción sita en estrada N VI km 589 O Seixo-Liáns (Oleiros), comprobouse que carecía de proteccións colectivas (varandas, pasamáns, etc.) e individuais (cinto de seguridade), polo que existía un risco de caída dos traballadores desde uns 3 metros de altura.

Vulnéranse os artigos 3 a), b) da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro; artigo 187 da orde ministerial do 28-8-1970; artigos 3 e 9 dos anexos I, III e IV do Real decreto 773/1997, do 30 de maio e artigos 14 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Apréciase unha infracción grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º e 40.2º b), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan nos expedientes:

-Acta de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

-Alegacións da empresa Grajal, S.A., responsable solidaria no expediente 527/2002 (I e II).

A Coruña, 3 de xullo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña