Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 60 e 61/2002.

Ó no seren atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, todo isto segundo establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expedientes nº: 60/2002 e 61/2002.

Actas infraccións nº: 53/2002 e 54/2002.

Empresa: Construcciones Ecelsa, S.L.

NIF/DNI: B-27173061.

Domicilio: r/ Reboredo, 69 Monforte de Lemos.

Materias: prevención de riscos laborais e obstrucción.

Documentos que constan nos expedientes: actas de infracción.

Propostas de sanción: 1.532,58 e 3.005,06 euros.

Lugo, 2 de xullo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo