Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 772/2001 e dous máis.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de

prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

-Expediente nº: 772/2001.

Acta nº: 1359/2001.

Titular: Félix Andrade Pérez e outro.

NIF/DNI: G-15792807.

Enderezo: Juan Canalejo, 39-baixo, 15003 A Coruña.

Materia: traballo.

Data da resolución: 11-4-2002.

Sanción: 601,01 euros.

Feitos: con data do 7-11-2001, a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración do artigo 12 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en relación coa infracción cometida, posto que a xornada laboral de dúas traballadoras non coincidía co horario fixado nos seus contratos de traballo.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 7.2º e 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, impoñéndose a contía máxima tendo en conta a circunstancia agravante de dous traballadores afectados.

-Expediente nº: 800/2001.

Acta nº: 1267/2001.

Titular: Orefre S.L.

NIF/DNI: B-15526908.

Enderezo: Rosalía de Castro, 2-3º E, O Temple-Cambre.

Materia: seguridade e hixiene.

Data da resolución: 4-4-2001.

Sanción: 3.017,08 euros.

Feitos: con data do 8-11-2001, a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración dos artigos 14, 15, 17, 18, 19 e 20 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co artigo 15 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, a causa da falta de formación ós traballadores dunha obra en Ronda de Outeiro-Isaac Peral (A Coruña); e artigos 3, 4 e 8 e anexo I-5 e 6 e anexo III-2 e 6 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio; en relación coa falta de equipos de protección persoal e de vixilancia da saúde dos traballadores.

Tipificación: tres faltas graves, tipificadas de acordo cos artigos 12.8º, 12.16º f) e 12.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, e sancionables

de conformidade cos artigos 39 e 40 da mesma norma.

-Expediente nº: 280/2002.

Acta nº: 1645/2001.

Titular: Siste. de Instalac. y Mantenimiento de Edificios, S.L.

NIF/DNI: B-15433568.

Enderezo: pza. Atenea, 4, Oleiros.

Materia: seguridade e hixiene.

Data da resolución: 13-6-2002.

Sanción: 1.503,13 euros.

Feitos: con data do 29-11-2001, a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración dos artigos 4.2º e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e artigos 8 e 9 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, en relación co exame da documentación laboral da empresa e da investigación do accidente sufrido por José Edmundo Rey Nores, comprobándose que a avaliación dos riscos carece de data de elaboración e de sinatura, non recolle as persoas que o elaboraron nin a súa competencia e tampouco recolle os traballos afectados nin unha planificación preventiva.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 7.6º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 21 de xuño de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña