Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2002 pola que se lle outorga a Punta Moreiras, S.L. permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento dun establecemento de cultivos mariños en Punta Moreiras, Reboredo, no concello do Grove (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade e concesión para a explotación dunha granxa mariña, apreciáronse os seguintes

a) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 6 de maio de 1998, José Soutullo Garrido, con DNI: 35283771

e José Sanmartín Galiano, con DNI: 35213785, en representación de Punta Moreiras, S.L., con CIF B-36306686, solicitou permiso de actividade e concesión para a explotación dunha granxa mariña para engorde de rodaballo, en Punta Moreiras, Reboredo, O Grove (Pontevedra).

Segundo.-Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación:

-Anuncio de información pública, inserido no BOP nº 230, do 29-11-2001.

-Orde ministerial do 5-3-2001 pola que se autoriza a transmisión e modificación da concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre a favor de Punta Moreiras, S.L.

-Informe técnico biolóxico da Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa.

-Informe urbanístico do Concello do Grove.

-Informe en materia de turismo, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Informe en materia de sanidade, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Informe sobre cualificación ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente).

-Informe xurídico do servicio técnico-xurídico.

b) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 17 de marzo do 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, por proposta de resolución da Delegación Territorial de Pontevedra en Vigo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Punta Moreiras, S.L. (CIF B-36306686), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación, e concesión para a ocupación de 240 m de superficie de dominio público marítimo-terrestre, do establecemento de cultivos mariños que se indica a continuación:

-Tipo: granxa mariña.

-Nome: Punta Moreiras, S.L.

-Actividade: engorde.

-Especies: rodaballo (Psetta maxima).

-Situación: Punta Moreiras, s/n, Reboredo, O Grove (Pontevedra).

-Superficies:

Dominio privado: 3.815 m.

Dominio público: 240 m.

-Características das instalacións:

* Naves (3):

Nave preengorde: de 26 mx46 m=1.196 m.

Nave engorde 1: de 54 mx24 m=1.296 m.

Nave engorde 2: de 26 mx46 m=1.196 m.

* Piscinas:

Nave preengorde: 28 de 5 mx4,5 m.

Nave engorde 1: 4 de 12 mx11 m; 3 de 10 mx9,2 m.

Nave engorde 2: 6 de 13 mx13 m.

-Capacidade: 125 tm/ano.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Vixencia.

O permiso de actividade e a concesión outórganse por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte o da publicación da resolución no DOG.

Poderán prorrogarse por períodos máximos doutros dez, ata un máximo total de 30 anos, contados a partir da publicación da concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre inicial, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-Obras e instalacións.

As obras e instalacións, que poderán dar comenzo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo de acordo co proxecto «Restauración de Nave para cultivo de rodaballo, piscifactoría» subscrito en maio de 1999, polo enxeñeiro de camiños, canales e portos Marcial de la Fuente Prieto, visado polo colexio profesional correspondente o día 20-5-1999, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo dun ano, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da Orde do 27 de marzo de 2000 citada.

Terceira.-Ocupación do dominio público marítimo-terrestre.

Á concesión de ocupación do dominio público marítimo terrestre sonlle de aplicación na súa integridade as condicións e prescricións sinaladas no acordo da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente) con data do 29 de xaneiro de 2001, aceptadas polo interesado con data do 7 de febreiro.

Cuarta.-Modificacións.

O establecemento, o dominio público ocupado e as obras nel executadas non poderán destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-Extinción.

O permiso de actividade e a concesión ós que se refire esta resolución extinguiranse polo incumprimento dalgunha das condicións dela, polos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, así como polo incumprimento de calquera das prescricións sinaladas no acordo da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente) con data do 29 de xaneiro de 2001.

Sexta.-Licencias doutros organismos competentes na materia.

O outorgamento deste permiso de actividade e concesión non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-Impostos.

O titular xustificará o pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos