Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 25 de xuño de 2002 pola que se autoriza o cambio de categoría a unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (Diario Oficial de Galicia nº 164, do 25 de agosto) establece o mecanismo para o recoñecemento e modificación das escolas de navegación de lecer.

Solicitándose unha modificación de categoría pola Escola XGEN014. Perfecto López-Nóvoa Rey, e logo de formalizado o procedemento establecido, procede realiza-la súa inscrición na nova categoría.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Cambiar de categoría a seguinte escola:

XGEN014. Perfecto López-Nóvoa Rey coa denominación comercial Novomar a escola de navegación de lecer (Enal).

Artigo 2º

Modifica-la inscrición da citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

Enrique C. López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos