Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica o trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Torneiros (Pol, Lugo).

Por esta resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, noti

fícaselle á interesada que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a proposta de modificación que lle afecta en relación co recurso de alzada interposto por María Dilia Casal Sanjurjo contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Torneiros (Pol, Lugo).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Purificación Val Vila.

Domicilio: O Vilar-Pousada, A Pastoriza (Lugo).

Texto: como consecuencia do recurso de alzada presentado por María Dilia Casal Sanjurjo contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Torneiros (Pol, Lugo), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que lle afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vostede manifesta-lo que teña por conveniente en relación con ela. O expediente teno á súa dispsición durante o dito prazo nas oficinas do Servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 47 68.

O que lle notifico a vostede.

Rafael Casado Contreras

Enxeñeiro técnico agrícola

Modifica-la configuración do predio número 287, sen que por iso varíe nin a súa superficie nin o seu valor en puntos.

Xúntanse planos.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO