Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 8 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación número 6026.

A Delegación Provincial de Lugo, fai saber que Ramón Carlín Gómez, con domicilio en r/ Xeneral Pardiñas, 40-2º, 15701 Santiago de Compostela, presentou nesta delegación provincial o día 16 de outubro de 2001, instancia-solicitude do permiso de investigación Montecalvo de 9 cuadrículas mineiras para recursos de cuarzo e sección C, que se sitúa no concello de Monterroso da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 6026 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1-7º 45' 40''42º 53' 20''

2-7º 44' 40''42º 53' 20''

3-7º 44' 40''42º 52' 20''

4-7º 45' 40''42º 52' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 8 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL