Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2002 pola que se convoca concurso, con intervención de xurado, de ideas a nivel de anteproxectos para a construcción dun centro de interpretación e documentación da arte rupestre en Campo Lameiro (Pontevedra)

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo seguinte concurso:

1. Nome e enderezo da entidade adxudicadora:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela, A Coruña.

Teléfonos: 981 54 48 23 e 981 54 65 92.

Fax: 981 54 59 52.

2. Descrición do proxecto: propostas arquitectónicas a nivel de anteproxectos para as obras de construcción dun centro de interpretación e documentación da arte rupestre en Campo Lameiro (Pontevedra).

3. Tipo de concurso: concurso, con intervención de xurado, de ideas a nivel de anteproxectos, de acordo co artigo 216 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Profesionais destinatarios: arquitectos.

5. Solicitudes de participación:

a) Data límite de recepción de solicitudes: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no punto 8.2 do prego de bases.

c) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Secretaría Xeral. Edificio administrativo San Caetano s/n. 15771 Santiago de Compostela. A Coruña.

6. Presentación de anteproxectos:

a) Data límite de presentación dos traballos: o prazo de presentación dos traballos rematará ós 45 días naturais contados a partir da data de publicación no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da relación de concursantes admitidos.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no punto 9 do prego de bases.

c) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Secretaría Xeral. Edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela. A Coruña.

7. Obtención de documentación e información: o prego de bases e o prego de condicións técnicas poderán ser examinados no Servicio de Obras e Contratación (teléfono 981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, e solicitarse no teléfono 981 58 89 38. Calquera aclaración sobre as cuestións recollidas no prego de condicións técnicas poderá ser solicitada no teléfono 981 54 65 92.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1565

8. Lingua na que deben redactarse os documentos: galego ou castelán.

9. Criterios que se aplicarán para valora-los anteproxectos: os establecidos no punto 6.3 do prego de bases.

10. Premios e aboamentos ós participantes: os establecidos no prego de bases.

11.O importe deste anuncio será aboado, proporcionalmente, polos concursantes que obtiveran premio.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo