Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.728

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de enxeñeiros de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na súa sesión do día 21 de xullo, relativo á anulación dunha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición.

Na súa sesión do día 21 de xullo de 2002 o tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de enxeñeiros de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou:

Anula-la pregunta número 61 do cuestionario do exame obxecto do primeiro exercicio da fase de oposición por non constar ningunha resposta correcta nas catro propostas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Presidente do tribunal