Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.728

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 22 de maio de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 26 de outubro de 2002, na Facultade de Dereito no Campus Sur, s/n, de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercico comezará ás 10.30 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 10 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Presidente do tribunal