Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.727

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 239, do 12 de decembro, modificada pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 16 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 25 de abril, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo

da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

NomeDNIExclusión

Carrera Rodríguez, Fernando36048798-R55

Devesa Gil, Crisanto52490097-A55

Estévez Portela, Manuel52492236-A53

González Fernández, Manuel Antonio44379720-R55

Lage Galdo, José María32750735-T55

Martín Sánchez, María Elena32666300-K20

Patiño Cores, Manuela36073292-T55

Rodríguez Fernández, Jesús52454827-S55

Romero Lojo, José Emilio76517570-C53

Trillo Quintáns, José32778539-C20

Causas de exclusión

20 Taxas non aboadas

53 Falta do DNI ou DNI incorrecto

55 Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación